Rinlo

Porto de Rinlo

O Concello de Ribadeo conta con dous portos históricos, o da propia vila e o de Rinlo.

Rinlo é un porto de orixe medieval creado nun dos poucos entrantes propicios para iso desta costa: a enseada da Areosa. Trátase dun porto tradicional de pesqueiros. Mostra disto é a súa confraría de pescadores, unha das máis antigas de España.

Rinlo presenta un conxunto de casas mariñeiras dispostas ao carón de estreitas rúas que as protexen dos fortes ventos. As hortas que as rodean delatan a condición de mariñeiros e campesiños dos seus habitantes. A casa mariñeira de Rinlo posúe unhas características singulares:abeiradas nos cantís, adosadas e con cubertas a dúas augas. A súa superficie e altura denotan a riqueza dos seus propietarios. As de maior altura contaban cun lugar para almacenar as artes de pesca, mentres que outras dispoñían para isto dunha dependencia exterior anexa á vivenda.


Rinlo non se entendesen as súas cetarias. Sobre o ano 1904 comeza a funcionar en Rinlo unha cetaria natural destinada ao cultivo de lagosta e centola, levantada sobre unha zona da costa onde unha lingua de mar entra nas rochas e constrúe unha pequena piscina natural e zona de abrigo. Poucos anos máis tarde entran en funcionamento as outras dúas cetarias coas que conta Rinlo.

Rinlo e percebes

A gastronomía é un dos elementos diferenciadores desta pequena vila, na que os produtos do mar teñen un enorme peso, sendo o prato máis característico o arroz con lumbrigante.

Ademais cada ano esta vila, celebra a Festa do Percebe en xullo ou agosto, en función das mareas, coa degustacións dese e doutros mariscos nos establecementos de hostalería e na carpa instalada no enclave mariñeiro.

Tamén se pode coñecer Rinlo a través dalgunhas das rutas propostas, como a Ruta Litoral, ou algunha das rutas de sendeirismo.
 

Ligazóns

Top