Autorizacións visita praia

Está restrinxido o acceso a praia?

O acceso á praia é gratuíto e, en principio, a restrición levarase  a cabo entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro e en Semana Santa podendo visitar o areal un máximo de 4812 persoas diarias.

Como se pode obter a autorización?

A día de hoxe, hai varias formas de conseguir as autorizacións para visitar a Praia Das catedrais:

  • Se os visitantes se aloxan no Municipio de Ribadeo poderá solicitar un pase no establecemento e terán entrada de xeito directo.
  • Existe un bus lanzadeira "Bus Praia" que sae de Ribadeo (1ª saída dende a Oficina de Turismo), pode consultar os horarios  en: http://turismo.ribadeo.org/ Teña en conta que a cor do tícket de ida se debe corresponder cunha hora de regreso. É dicir, se saen á hora indicada en azul, deben tomar o bus de regreso á hora da mesma cor. Co tícket do autobús teñen entrada asegurada ao areal.
  • A través dunha páxina web habilitada e xestionada pola Xunta de Galicia: https://ascatedrais.xunta.es. As reservas se a través deste medio unicamente se poden facer cun prazo MÁXIMO de 30 días de antelación. Indicar, ante calquera dúbida ou problema durante o proceso de reserva debe poñerse en contacto coa Xunta de Galicia através de :
Tel:
Dende Galicia: 012 - 981 900 643

Dende fora de Galicia: 981 900 643

Dende o extranxeiro: 00 34 981 900 643

Mail:
012@xunta.gal

Do 4 de xuño ao 30 de setembro

Tel:
0034981953559
Mail:

informacion-ascatedrais@xunta.gal
De luns a venres en horario de 08:00  a 15:30h


  • co teléfono de información cidadá da Xunta de Galicia "012" ou co ente xestor a través da "Subdirección Xeral de Espazos Naturais". Achegámoslle o seu número de teléfono: 981 547 203.

A restricción ao acceso é integral en todo o espazo?

A restrición de acceso é só para baixar ao areal e a visita debe axustarse ao horario de baixamar, pois pola contra a praia non é accesible xa que queda cuberta pola auga.

Quen xestiona a regulación do acceso ao areal?

Todo este sistema de acceso está xestionado pola Xunta de Galicia. O Concello de Ribadeo non ten competencias para resolver as posibles complicacións que puidesen xurdir.

Top