Como chegar

A praia das Catedrais pertence ao municipio de  Ribadeo, situado na costa noreste de Galicia.

O aeroporto máis próximo é o de Asturias a 1 hora en coche, seguido en proximidade polo Aeroporto da Coruña e o de Santiago, a pouco máis de hora e media. 

A apertura da Autovía do Cantábrico (A8) fai que achegarse á praia das Catedrais en coche, sexa agora moi fácil desde calquera punto, así conéctanos con todo o norte do Estado e á súa vez nos une co resto de Galicia na súa conexión coa A6. Nesta mesma autovía (A8) atopamos un desvío directo á praia, o 516.

Desde a meseta, para chegar á Praia das Catedrais, o mellor é dirixirse pola A-66 en dirección a Oviedo-Avilés, para  conectar coa Autovía do Cantábrico.

Ao mesmo tempo a N-642 é a estrada vertebradora de toda A Mariña, a través da cal chegamos á praia desde calquera punto do Norte da provincia de Lugo, tamén no seu tramo Ribadeo-A Veiga, permite a conexión coa capital da provincia a través da N-640.

Desde Ribadeo

Desde o centro de Ribadeo son varias as formas de chegar á praia das Catedrais en coche, a máis sinxela é tomando a A-8, pois conta cun desvío directo á praia, o 516;  a máis rápida collendo a N-634 (10 min), e a máis fermosa a través dunha estrada secundaria que discorre por toda a costa do municipio e que nos permite percorrer o roteiro das praias.

O taxi turístico é unha maneira alternativa de visitar a praia desde Ribadeo que nos permite despreocuparnos e gozar da paisaxe.

Servicio de Taxis de Ribadeo:
Rinconada San Francisco, s/n - 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 111   

Teletaxi: Teléfono: 646 060 505 // teletaxiribadeo@hotmail.es

Transporte sustentable

O transporte público é unha maneira barata, fácil e sustentable de viaxar a Ribadeo e á praia das Catedrais. A elección de transporte público permítenos subir e baixar na ubicación elexida e danos unha flexibilidade ilimitada.

Autobús

Ribadeo conta cunha estación de autobuses situada na Avenida Rosalía de Castro, que conecta o centro con outras cidades de Galicia e con parte do estado. Nela operan as seguintes compañías:

  • Arriva que conecta Ribadeo con gran parte de Galicia.
  • Alsa que conecta Ribadeo co resto do estado destacando a cornixa cantábrica e Madrid.
Ademáis durante o verán opera nesta o bus circular que con 3 servizos diarios conecta o centro de Ribadeo coa Praia das Catedrais.

Tren

Polo litoral do municipio discorre a liña de ferrocarril Ferrol-Xixón, con apeadeiros Os Castros, Rinlo e  Esteiro, sendo este último, o máis próximo á praia das Catedrais (10 min a pé desde o mesmo).


Bicicletas

Se apostas por viaxar de forma relaxada, sen présas e cun profundo respeto ás paisaxes e ecosistemas, a bicicleta é unha das mellores maneiras de chegar á praia das Catedrais. Podes facelo na túa propia bici ou alugando unha na oficina de turismo, pois hai roteiros sinalizados adicionais que evitan as estradas principais.

A nosa ubicación

Coordenadas GPS :  Latitude: 43º 33’ 14’’ N Lonxitude: 7º 9’ 26’’W



Top