Natureza

Ericavagans

No ZEC “As Catedrais” foron identificados un total de 21 tipos de hábitats naturais, dos que 6 son prioritarios, entre os cales cabe destacar pola súa importancia as "Urceiras húmidas atlánticas de Ericaciliaris e Ericatertralix" (4020*) e as "Urceiras secas atlánticas costeiras de Ericavagans". Así, o 24% mundial deste último hábitat está no litoral galaico-astur.

Fauna

Entre as aves as especies bandeira do ZEC "As Catedrais" son as gabitas  (Haematopus ostralegus) e o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), catalogadas como vulnerables no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA, 2007).Tamén destacan aves limícolas invernantes como os virapedras (Arenarioa interpres) e pilro escuro (Calidris maritima); aves mariñas migratorias (mascatos, pardelas, pentumeiros...) e outras típicas da campiña atlántica como lagarteiros (Falco tinnunculus), curuxas (Tyto albo) ...

No tocante aos mamíferos, a poboación de londra (Lutra lutra) amosa a súa singularidade polo seu carácter costeiro e os arroaces (Tursiops truncatus) son visitantes regulares das augas mariñas.

Nos poucos puntos de auga doce en forma de pozas viven pequenas e interesantes poboacións ameazadas (vulnerable nol CGEA, 2007) de rá  de San Antón ou estroza (Hyla molleri) entre outras especies de anfibios. Sendo o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) o protagonista das urceiras entre os réptiles.

Flora

A xoia botánica do ZEC "As Catedrias” é o endemismo atlántico Acelga salgada  (Limonium dodartii), catalogada como en perigo crítico / en perigo de extinción no Atlas e Libro Ruego da Flora Vascular Ameazada de España e no CGEA, 2007 respectivamente. Tamén son de interese outros endemismos como a "herba de namorar" (Armeria pubigera) e a Angelica pachycarpa.

  • Gabita (Haematopus ostralegus)

    Gabita (Haematopus ostralegus)

  • Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

    Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

  • Virapedras (Arenarioainterpres)

    Virapedras (Arenarioainterpres)

  • Acelga salgada  (Limonium dodartii)

    Acelga salgada (Limonium dodartii)

  • Herba de namorar (Armeria pubigera)

    Herba de namorar (Armeria pubigera)

  • Anxélica mariña (Angelica pachycarpa)

    Anxélica mariña (Angelica pachycarpa)

Top