Figuras de protección da Ría de Ribadeo

Ría de Ribadeo

  • Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral dende a publicación do decreto 157/1995 da Xunta de Galicia. Inclúe todo o curso do río Eo. Esta figura resérvase para zonas que merecen o réxime de protección por ter recoñecidos uns valores naturais, culturais, científicos ou educativos singulares que se amparan cun réxime compatible cos usos e actividades tradicionais de aproveitamento ordenado das producións, sendo compensadas todas aquelas limitacións aos seus usos.
  • Convenio Ramsar asinado polo Estado español para a protección das zonas húmidas. Neste convenio inclúense zonas húmidas de importancia internacional de acordo coa súa riqueza ecolóxica, zoolóxica, botánica, hidrolóxica... moi especialmente como hábitat de aves acuáticas migratorias.

Ría de Ribadeo

  • Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA)dende 1989. Considéranse con este réxime de protección aqueles espazos onde se atopan as medidas axeitadas para evitar a contaminación ou deterioro dos hábitats ou as perturbacións que afectan ás aves.
  • Refuxio de Caza dende 1983.
  • Punto de Interese Xeolóxico. A Rasa está recollida na publicación do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (1983) e catalogada como “de interese xeomorfolóxico, didáctico e rexional”. Teñen esta consideración aquelas áreas que amosa nunha ou varias características consideradas de importancia dentro da historia xeolóxica dunha rexión natural.
  • Espazo natural protexido dende 1991.
  • Área de Importancia para as Aves. A ría de Ribadeo está decretada como Important Bird Area (número 8) polo Consello Internacional para a Conservación das Aves (ICBP), en colaboración coa Oficina Internacional para o Estudo das Aves Acuáticas e as Zonas Húmidas (IWRB) e a Sociedad Española de Ornitología. A ría de Ribadeo foi seleccionada por ser una importante zona de invernada e descanso migratorio de anátidas (parrulo rabudo, o pato asubión, cupón, lavanco…) e limícolas (pilro común, mazarico real…).
  • Espazo incluído en Rede Natura 2000 e na Directiva de hábitats dende 1992. No Eo podemos atopar os mellores bancos de area cubertos permanentemente por augamariña así como zonas pantanosas básicas.

Top