Capela da Trinidade ou Atalaia

Capela da Trinidade ou Atalaia

Trátase dun dos templos mais antigos de Ribadeo, construído no século XII por Fernando II sobre tramos das antigas murallas ribadenses. Está situada sobre un promontorio dende o que se divisa a entrada da ría e no que xa en tempos medievais se colocaban fachos para guiar de noite aos navegantes.

Deste miradoiro, dende o que se  divisa o porto de Porcillán e que nos ofrece unhas estupendas vistas da zona, toma o seu nome de Atalaia. A carón do templo atópanse dous canóns, que son indicadores da súa orixe coma baluarte de defensa da vila.


Nesta capela, consagrada á Santísima Trindade,  reuníanse os gremios e celebrábanse os consellos abertos.

Capela da Trinidade ou Atalaia

A capela sufriu varias reformas no transcurso do tempo.

Actualmente conserva a porta principal gótica do século XIV, con decoración en zig-zag e dúas cabezas humanas nos extremos. Consta de nave, arco triunfal e presbiterio.

No seu interior contén e tres retablos, entre os que destaca o seu retablo barroco, con tallas de variada cronoloxía entre as que se atopa a imaxe titular da Santísima Trindade e unha pía de auga montada sobre unha columna gótica.

Sobre a porta principal pode verse un escudo en pedra de Ribadeo e unha espadana dun só van.

Top