Comercio local

Comercio local en Ribadeo

O comercio local é un das principais actividades económicas da vila, e constitúe o principal foco comercial da zona, sendo este un comercio de calidade e diversificado, que ademais permanece aberto os domingos pola mañá.

En Ribadeo pódese atopar unha gran variedade de tendas, dende as máis cosmopolitas boutiques con roupa e calzado de deseño ata unha gran variedade de tendas gourmet, pasando por establecementos de oficios tradicionais como zapateiros, xoieiros, anticuarios, etc..

Top