Bus circular/ Bus Praia

Bus

Durante o verán (xullo, agosto e setembro) existe un bus lanzadeira  que sae de Ribadeo (1ª saída dende a Oficina de Turismo) comunicando a vila coa Praia de As Catedrais.

Usando este autobús poderá evitar as complicacións para aparcar no entorno do areal, ademáis de contribuir á súa desconxestión de vehículos, colaborando así na preservación dun espazo natural de singular valor paisaxístico e ambiental.

Ademais, co ticket do autobús teñen entrada asegurada ao areal, é dicir, o propio ticket funciona como unha autorización para visitar a praia de As Catedrais.

Descargas

Top