En coche

Mapa Ribadeo

Desprazarse a Ribadeo no seu propio coche ou alugar un Rent a Car en calquera dos aeroportos é unha moi boa opción, xa que lle dará liberdade para descubrir moitos lugares que de seguro farán a súa estadía na nosa vila moito máis enriquecedora.

A apertura da Autovía do Cantábrico (A8) fai que achegarse a Ribadeo en coche sexa agora moi doado desde calquera punto, xa que nos conecta con todo o norte do Estado e á súa vez únenos co resto de Galicia na súa conexión coa A6.  

Ao mesmo tempo a N-642 é a estrada vertebradora de toda a Mariña, a través da cal chegamos a Ribadeo desde calquera punto do Norte da provincia de Lugo, tamén no seu tramo Ribadeo-A Veiga,  permite a conexión coa capital de provincia a través da N-640. 

Pero a Ribadeo tanto se pode chegar desde diferentes puntos como se pode escoller Ribadeo como lugar de parada para despois descubrir lugares como Santiago de Compostela, A Coruña e Avilés, que están aproximadamente a 1h 30 minutos, ou Lugo que está a pouco mais dunha hora.

Top