En bus ou tren

Autobús

Tren

Ribadeo conta cunha estación de autobuses situada na Avenida Rosalía de Castro, que conecta o centro con outras cidades de Galicia e con parte do estado. Operan as seguintes compañías:

  • Arriva que conecta con gran parte de Galicia.
  • Alsa que conecta Ribadeo co resto do estado destacando a cornisa cantábrica e Madrid.
  • Moran-Rodriguez que conecta coas localidades costeiras da comarca da Mariña Lucense e coa zona rural interior do municipio de Ribadeo

Teléfonos de interese:
Estación de autobuses: 982 130 805                
Alsa: 982 131 060 
Morán-Rodríguez: 982 521 208 // 627 673 368

Tren - FEVE: Polo litoral do municipio pasa a líña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita, con apeadoiros en Esteiro (sendo este o máis próximo á praia das Catedrais), Os Castros, Rinlo e Ribadeo. Esta é unha moi boa opción para gozar dunhas paisaxes impresionantes e con tempo suficiente para poder coñecer as diferentes vilas polas que se vai pasando.

Desta forma Ribadeo está conectado por tren con todoos municipios da costa de Lugo e do occidente de Asturias.

Top