
¿Por qué aquí e non noutro sitio? A resposta a esta e outras cuestións atopámolas neste pequeno e sinxelo percorrido xeolóxico pola contorna das praias de As Catedrais e Esteiro. Este paseo polo litoral ribadense permitiranos coñecer de primeira man a orixe dos seus famosos arcos rochosos. Un capricho da natureza que se formou fai miles de anos pero que continua vivo na actualidade.
Calendario de visitas
- Xullo: Xoves 8 e 22.
- Agosto: Martes 10 , xoves 12, martes 24 e xoves 26.
- Setembro: Martes 7
- Setembro: xoves 9 e venres 10 (Edición especial)
IMPORTANTE!!!! A reserva de cada visita non se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.
Clique aquí para tramitar a súa reserva.
Duración: 45 minutos
De balde /Grupo máximo: 20 persoas
Máis info e reservas:
• Na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal
• No blog https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/
Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia de As Catedrais. Coordenadas: 43.553569, -7.159227
*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.