Consellos de visita e seguridade

Convén lembrar que estamos ante un sistema dinámico, non ante un escenario estático, e a súa evolución é imprevisible  polo que recomendamos:

  • Coñecer sempre a hora á que comeza a subir a marea (a partir da hora exacta da baixamar) e vixiar a súa evolución.
  • É aconsellable comezar a nosa visita unha hora antes de baixamar e dirixirnos primeiro á man dereita unha vez baixemos as escaleiras de acceso (percorrido aproximado de 600 metros). Desta maneira cando comece a subir a marea xa teremos feita a parte máis importante do percorrido.
  • A zona que máis tarda en descubrirse de auga coa baixamar e á que primeiro chega a marea coa subida, é a parte onde se sitúan os arcos. Ver mapa da praia.
  • En caso de que, no momento da nosa visita, a marea non nos permita o paso sen mollar os pés, convén non arriscar a descalzarse e introducirse na auga. Algúns dos motivos:
    • Pode haber poza profundas ou rochas camufladas dabaixo da auga que nos fagan perder o equilibrio.
    • Pode vir un golpe de mar (sempre imprevisibles).
  • Recoméndase acudir con calzado e roupa cómodos ademais de levar algo de abrigo para combater a brisa mariña.
  • Se van acompañados de bebés, desaconséllase o uso de carriño pola difícil accesibilidade dalgunhas zonas.
  • En caso de que decidan percorrer o carreiro situado encima do acantilado (opción de visita durante a pleamar), rógase teñan a precaución de non achegarse á beira do mesmo.
  • Rogámoslles a súa colaboración na preservación sustentable deste espazo natural. Éstas son algunhas das actividades que non deben contemplarse en beneficio de todos/as: ascenso/escalada aos illotes, danar o rochedo, colocar pedras fóra dos seus lugares naturais;  recolectar plantas, algas ou moluscos; acceso de animales ao areal e o abandono de residuos na praia.
  • Recomendamos completar a visita á praia percorrendo o resto de litoral en dirección a Ribadeo, debido ás súas singularidades paisaxísticas, xeolóxicas, biolóxicas e patrimoniais complementarias ás presentes no Monumento Natural Praia de Augasantas - As Catedrais.
    • A pé seguindo a  Ruta da Costa.
    • En coche, en bici ou a cabalo percorrendo a estrada local que discorre pegada ao litoral.
    • Ademais temos unha curiosa proposta para ti

Top