Preguntas frecuentes

Cando debemos visitar a praia das Catedrais?

Se queremos percorrer a praia por abaixo, pola area, e desfrutar as súas formacións rochosas máis espectaculares debemos visitala unha hora antes da marea baixa ou baixamar.

Pódese visitar a praia das Catedrais en marea alta ou pleamar?

A praia das Catedrais pódese visitar en calquera momento do día, así, se nos achegamos en pleamar poderemos desfrutar da praia desde o acantilado.

Discorrendo ao longo de todo o acantilado atópase sinalizada a ruta da costa, aínda que teremos unha visión completamente diferente da praia, esta será igualmente espectacular.

Que é marea baixa ou baixamar?

A marea baixa ou  baixamar é o momento do día en que a auga do mar acada a súa mínima altura dentro do ciclo das mareas.

As mareas baixan 2 veces ao día e soben outras 2, iso quere dicir que están aproximadamente 6 horas subindo e outras 6 baixando.

A que hora do día é a baixamar?

A baixamar varia todos os días polo tanto sempre precisamos consultar a táboa das mareas.

Como interpretamos a táboa das mareas?

Para interpretar e entender a táboa das mareas debemos fixarnos en:

  • A columna de "baixamar", que nos indica o momento no que a marea rematou de baixar, polo tanto, o momento no que a agua está máis retirada do acantilado. É importante saber que a partir dese momento a marea comezará a subir de novo, polo tanto non debemos despistarnos na nosa visita á praia e debemos ir sempre unha hora antes.
  • A columna da “altura”,  indícanos a altura en metros que acada o nivel do mar. Como podemos observar, cada día marca un nivel distinto. Canto máis se achegue a 0, máis baixa estará a marea, polo tanto serán os mellores días para visitar a praia. Comprobamos que coincide con lúa chea.
  • Se a táboa de mareas está publicada no horario internacional ou horario de Greenwich ou se está en horario oficial español. En caso de que estea en horario de Greenwich haberá que sumarlle unha hora se nos atopamos en horario de inverno xa que España está no huso horario +1. En caso de que esteamos en horario de verán haberá que sumarlle 2 horas (unha polo horario de España e outra polo horario de verán).

As mareas sempre baixan o mesmo?

A marea non sempre baixa os mesmos metros xa que depende das fases da lúa. En función das fases da lúa diremos que hai mareas vivas, intermedias e mortas. Decimos que hay mareas vivas cando existe unha gran diferencia entre a altura que acada a auga na baixamar e na pleamar, polo tanto con estas mareas é cando máis se retira a auga e tamén é cando poderemos facer unha visita máis completa da praia.

Cando se producen as mareas vivas?

Coa lúa cheaa (concretamente nos 3 días seguintes á lúa chea).

Cando son as mareas mortas?

Haberá mareas muertas coa lúa en cuarto crecente (xusto a semana anterior á lúa chea). O peor momento para visitar a praia xa que aínda que acudamos en baixamar non poderemos acceder á zona dos arcos sen mollarnos.

Está restrinxido o acceso a praia?

O acceso á praia é gratuíto e, en principio, a restrición levarase  a cabo entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro e en Semana Santa podendo visitar o areal un máximo de 4812 persoas diarias.

Como se pode obter a autorización?

A día de hoxe, hai varias formas de conseguir as autorizacións para visitar a Praia Das catedrais:

  • Se os visitantes se aloxan no Municipio de Ribadeo poderá solicitar un pase no establecemento e terán entrada de xeito directo.
  • Existe un bus lanzadeira "Bus Praia" que sae de Ribadeo (1ª saída dende a Oficina de Turismo), pode consultar os horarios  en: http://turismo.ribadeo.org/ Teña en conta que a cor do tícket de ida se debe corresponder cunha hora de regreso. É dicir, se saen á hora indicada en azul, deben tomar o bus de regreso á hora da mesma cor. Co tícket do autobús teñen entrada asegurada ao areal.
  • A través dunha páxina web habilitada e xestionada pola Xunta de Galicia: https://ascatedrais.xunta.es. As reservas se a través deste medio unicamente se poden facer cun prazo MÁXIMO de 30 días de antelación. Indicar, ante calquera dúbida ou problema durante o proceso de reserva debe poñerse en contacto co teléfono de información cidadá da Xunta de Galicia "012" ou co ente xestor a través da "Subdirección Xeral de Espazos Naturais". Achegámoslle o seu número de teléfono: 981 547 203.

A restricción ao acceso é integral en todo o espazo?

A restrición de acceso é só para baixar ao areal e a visita debe axustarse ao horario de baixamar, pois pola contra a praia non é accesible xa que queda cuberta pola auga. 

Quen xestiona a regulación do acceso ao areal?

Todo este sistema de acceso está xestionado pola Xunta de Galicia. O Concello de Ribadeo non ten competencias para resolver as posibles complicacións que puidesen xurdir. 

Top