Xeoloxía e xeomorfoloxía

Esta contorna natural está constituída por cuarcitas e pizarras, rochas originadas fai aproximadamente 500 millóns de anos atrás nas costas do hemisferio Sur. Estas sufriron grandes transformacións, e incluso houbo un momento no que formaron parte dunha gran cordilleira montañosa semellante en altitude ao actual Himalaya, como consecuencia da colisión de dous supercontinentes, Laurusia e Gondwana, fai 350 millóns de anos

Esta base rochosa soportou ao longo do tempo a acción dos movimientos tectónicos, das sucesivas fasesde asolagamento e retirada do mar, e a actuación dos axentes erosivos terrestres, dando lugar todo isto á singular planicie que hoxe contemplamos desplomándose sobre o Cantábrico. Esta superficie coñecese como a rasa costeira que se extende desde Burela ata San Vicente de la Barquera

A presenza deste singular monumento natural débese á combinación entre as distintas fracturas que amosan os estratos rochosos e a súa orientación, o que ofrece unha particular debilidade fronte aos constantes embates do mar, dando lugar a este modelado do acantilado tan característico. Estableceuse unha evolución temporal para este tramo litoral dividida en catro etapas.

Xeoloxía e xeomorfoloxía

A primeira etapa (1) tería o seu desenvolvemento a partir das fracturas que presentan as rochas, e onde a erosión mariña actúa de forma máis intensa.
Na segunda etapa (2) originaríanse as furnas ou covas seguindo a orientación das fracturas nas rochas.
A terceira etapa (3), na cal se produciría a conexión entre as distintas furnas, así como a presenza dos “ollos” (como lles chaman no lugar) como consecuencia do colapso do terreno sobre as furnas.
Finalmente na cuarta etapa (4) tería lugar a formación os arcos rochosos, que debido á súa fragilidade e inestabilidade fronte á erosión mariña, só se preservaran no tempo uns poucos, especialmente en aquelas zonas onde os estratos de rocha son máis resistentes

Top