Unha das praias máis bonitas do mundo

Praia das Catedrais

As poderosas augas do Cantábrico labraron, co paso dos séculos, o que hoxe se antolla como capricho da natureza. Con formas imposibles, as rochas da Praia das Catedrais sorprenden porque se asemellan máis a un decorado, minuciosamente trazado, que a unha sucesión de furnas, pasadizos e arcos, converténdose nunha das praias máis bonitas do mundo.

Top